Carmela Silva aposta por potenciar os campamentos da Lanzada
Por Redacción
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asegurou este martes que quere plantexar melloras nos campamentos da Lanzada e garantir máis prazas para os nenos con necesidades educativa especiais.
Silva visitou, xunto coa deputada Digna Rivas, as instalacións da Lanzada onde durante todo o verán miles de nenos disfrutan de campamentos de lecer.
Máis de cinco mil familias da provincia inscribiron este ano aos seus fillos nos campamentos da Lanzada, o que supón máis do dobre da oferta que fixo a Deputación que foi de dúas mil duascentas prazas.
Os nenos se distribúen ao longo do verán en once quendas de cen prazas cada un, sendo o último do 30 de agosto ao 5 de setembro. O prezo que deben afrontar os pais pola matriculación é de 83,6 euros por neno. Pola súa banda, a administración provincial destina a esta actividade 225.000 euros. A distribución das prazas faise entre todos os concellos da provincia atendendo á súa poboación.
A presidenta sinalou que estes campamentos trátanse dunha “extraordinaria oferta para os mozos cun espazo para convivir e socializar e que ademais permite conocer outros espazos da provincia”.
Neste senso, Carmela Silva subliñou que estamos a plantexar a mellora e ampliación destes campamentos "e vou defender diante de todo o goberno provincial a necesidade da súa mellora".
Outros dos obxectivos que se plantexa a presidenta da Deputación e aumentar as prazas adicadas aos nenos con necesidades educativas especiais porque “temos que garantir a integración da diversidade e garantizaremos un aumento das prazas”.
Incluso, continuou Silva, pretendemos que a integración sexa con rapaces e rapazas doutras provincias ou incluso de outras comunidades “con prazas limitadas pero que nos garantan enriquecer e educar na diversidade e no respecto a outras linguas e culturas”.
A presidenta e a deputada provincial concluíron a súa visita compartindo a comida cos mozos do campamento.