A Cámara de Comercio de Pontevedra aplaude o apoio da Xunta a Ence
Por Oskar Viéitez
Os representantes de Aempe, Aje Pontevedra, Cep, Club Financeiro e Proindustria, reuníronse na Cámara de Pontevedra para debater as últimas declaracións do Consellerio de Economía e Industria, nas que manifestou o apoio da Xunta á continuidade de ENCE en de Lourizán, sempre e cando cumpran os requirimentos ambientais.
Unha vez analizadas as declaracións, a postura dos presentes foi unánime, ao manifestar a súa "satisfacción " polas manifestacións do Conselleiro, que "supoñen a defensa do tecido empresarial da comarca".
Nun comunicado difundido pola Cámara explícase que "dende o punto de vista económico, Galicia non se pode permitir maior destrución de emprego e é necesario apoiar empresas que creen emprego de 'calidade' e manteñan os seus investimentos, ademais de crear riqueza, sobre todo á vista das cifras da última Enquisa de Poboación Activa".
Para os empresarios reunidos, "é fundamental que o Goberno da Comunidade Autónoma apoie as iniciativas empresariais e favoreza a creación de emprego".