Morre afogado un home en Salcedo ao caer nun pozo mentres desbrozaba
Por Diego Torrado
Un home de 75 anos, veciño de Salcedo, faleceu este luns despois de caer nun pozo.
A Comisaría Provincial da Policía Nacional de Pontevedra recibiu ás 12.15 da mañá o aviso da familia deste home preocupada porque saíra de casa para rozar a herba dun terreo e non regresara.
Os axentes desprazáronse ao lugar e comprobaron como só se segara a maleza da metade do terreo. Tras inspeccionar o lugar encontraron un pozo a rentes de chan polo que avisaron os Bombeiros ante a posibilidade de que o home tivese podido caer dentro.
Segundo informaron os Bombeiros de Pontevedra ao chegar ao lugar exploraron o pozo encontrando o cadáver do home mergullado na auga. O peso da máquina rozadora afundiuno ata provocar o seu afogamento.
O corpo foi recuperado de madrugada.