Denuncia cun video os problemas de accesibilidade da Caeira
Por Oskar Viéitez
Graciela é unha veciña da Caeira que sofre un problema grave de mobilidade polo que necesita desprazarse nunha cadeira de rodas.
Coa axuda do equipo de Accesibilidade Universal Pontevedra gravaron un video que colgaron en youtube, no que se poden comprobar as numerosas dificultades e barreiras arquitectónicas de todo tipo coas que Graciela se encontra para acceder ao seu domicilio.
Segundo sosteñen dende este colectivo "Graciela leva anos gastando moito diñeiro arranxando a súa cadeira de rodas e xogándose a vida todos os días, porque na Caeira, o Concello de Poio non atende ás súas reivindicacións para que as rúas de camiño á súa casa sexan accesibles e seguras e así poder desenvolver unha vida digna ".
O equipo de Accesibilidade Universal Pontevedra recorda que o seu "non é un capricho é un dereito".