Falece un motorista nun accidente de tráfico en Cotobade
Por Diego Torrado
O accidente produciuse nunha colisión contra un turismo na parroquia de Viascón
O Centro de Atención a Emerxencias CAE 112 Galicia alertou dun accidente de tráfico ás 19.53 horas deste sábado no municipio de Cotobade.
O sinistro consistiu nunha colisión frontal entre un turismo e unha moto na estrada nacional N-541, ao seu paso pola parroquia de Viascón á altura do cruzamento de Parada.
Como consecuencia do impacto o motorista, un home de 47 anos, resultou falecido.