A subministración sostida de madeira a Ence xera máis de 3 millóns de xornais nos montes de Galicia
Por Redacción
A madeira cultivada en Galicia para satisfacer o consumo de Ence nun só ano supón un volume de operacións cun importe superior aos 24 millóns de euros/ano, segundo os achados preliminares dun estudo que está a desenvolver a Universidade de Vigo. Con estes datos dedúcese que subministración sostida de madeira galega a Ence fai necesarios máis de 3 millóns de xornais nos montes de Galicia. Tan só en labores de selvicultura, a demanda anual de madeira da empresa xera preto de 178.000 xornais nos montes.
Estas son algunhas das conclusións do estudo, que está a ser realizado por investigadores da Universidade de Vigo ao abeiro da Cátedra Ence. O informe defintivo, que será presentado no mes de setembro, realizouse a partir de todos os datos de consumo de madeira de Ence no último trienio finalizado: 2012-2014.
O mesmo estudo revela que Ence levou a cabo durante o citado período 2013 compras de madeira en 186 municipios distintos de Galicia, o 59.05% dos existentes na Comunidade. Ence comprou madeira nese período na práctica totalidade dos municipios da provincia da Coruña, no 88.71% dos municipios da provincia de Pontevedra, o 52.2% dos concellos lucenses e pouco máis do 4% dos ourensanos.
De acordo ás conclusións alcanzadas polos investigadores da Universidade de Vigo, Ence destinou á prevención de incendios entre 2012 e 2014 máis de 3.8 millóns de euros, e realizou actividades de formación para preto de 2.000 propietarios forestais en toda a Comunidade Autónoma.