Os do Club de Portonovo queren ser xubilados 2.0
Por Redacción
O Club de Xubilados de Portonovo solicitou á Concellaría de Cultura a dotación de varios ordenadores que permitan a esta entidade organizar cursos de informática de forma periódica garantizando así que os asociados do club vaian adquirindo coñecementos que logo poidan tamén por en práctica.
Desde setembro de 2013, os xubilados de Portonovo introducironse no mundo das novas tecnoloxías coa organización de cursos permanentes, divididos en dous grupos de 10 persoas que reciben clases de informática e manexo de ordenador un día á semán. Cada participante nesta actividade paga unha cuota de 15 euros ao mes.
O presidente desta entidade, Manuel Bea, solicitou tamén ao edil de Cultura, Roberto Carlos Agís, que contemple, no orzamento do próximo ano, unha pequeña contribución para sufragar os gastos de aluguer da carpa que habitualmente instalan os maiores para a realización de diversas actividades.
Nunha primeira toma de contacto, a directiva do Club de Xubilados entregou ao concelleiro unha memoria das súas actividades anuais, entre as que destacan un programa de Promoción da Saúde, no que inclúen a consolidación do seu grupo de teatro e un obradoiro de actividade física.
Tanto Manuel Bea, presidente do club, como o secretario, Antonio Cacabelos, espuxeron ao edil de Cultura a relación de festas que organiza a entidade, entre a que destaca o Día do Can, a Festa do Magosto, o Entroido, a festa de aniversario do club e a celebración do Nadal. Son actividades todas elas nas que invitaron a colaborar e a participar ao concelleiro de Cultura, Roberto Carlos Agís.