O saneamento da Rúa da Costa será renovado
Por Redacción
A Xunta de Goberno Local do pasado mércores, aprobou o proxecto de renovación de saneamiento y pavimentación de la rúa Costa para proceder á súa contratación administrativa. O proxecto foi informado polos servizos técnicos e tramitadas as autorizacións administrativas de patrimonio que foron necesarias.
Trátase dunha actuación de notable importancia para o concello, por ser unha renovación da rede de saneamento e o pavimento dun camiño habitual de usuarios do Instituto de Educación Secundaria Chan do Monte e do Centro Privado de Enseñanza San Narciso.
Ademáis favorécese a seguridade vial ao ordenar o tráfico rodado e peonil cunha nova pavimentación que diferencie o ámbito de utilización dos usuarios de vehículos e peonís. A rede de saneamento que se diseña é separativa polo cal non cabe considerar aportacións de auga de chuvia ao colector de residuais proxectado.
Proponse un prazo de execución de dous meses para a correcta execución da obra aprobada no proxecto que ten un orzamento de 209.857,45 euros.