Os roubos de bicis rompen as estatísticas: denuncian 80 casos no que vai de ano
Por Natalia Puga
No que vai do ano 2015, isto é, entre xaneiro e xullo, a Policía Nacional ten constancia de polo menos 80 roubos co mesmo obxecto de desexo por parte dos ladróns: as bicicletas. A cifra rompeu todas as estatísticas previas da Comisaría Provincial e motivou que o novo comisario principal, Manuel Bouzas, que este luns tomou posesión do cargo, sinalase no seu primeiro acto público que na cidade había un problema co roubo destes vehículos de dúas rodas.
Fontes policiais consultadas confirmaron eses datos e sinalaron que hai dous tipos de roubos distintos: os de bicicletas gardadas en garaxes e rochos e os daquelas que están en sitios públicos, pero con cadeados e/ou cadeas. En ambos os dous casos, trátase dun roubo con forza.
Nos meses de abril e maio saltaron as alarmas polo incremento de roubos en rochos e garaxes da cidade, nos que as bicicletas foron un dos obxectos estrela. Non obstante, as fontes consultadas sinalan que das ao redor de 80 pezas roubadas no que vai de ano a maioría estaban aparcadas en estacionamentos específicos para este tipo de vehículos en plena rúa.
Durante o inverno e a primavera foron numerosos os casos de roubos na zona do campus de Pontevedra, pero dende que rematou o curso escolar descenderon este tipo de delitos. Seguen dándose, non obstante, casos de roubos noutras zonas específicas de estacionamento de bicicletas como as do ámbito da praza de España.
Relacionadas:
-
Levanta sospeitas cando arrastraba pola rúa unha bicicleta co cadeado posto
Por Oskar Viéitez |
-
Investigan danos en 25 trasteiros da contorna de Loureiro Crespo nunha soa noite
Por Natalia Puga |
-
Denuncian o roubo de dúas bicis valoradas en 8.000 euros nun rocho
Por Redacción |
-
Rouban nun trasteiro dous días antes de Reis e levan unha bicicleta e varios agasallos
Por Redacción |
-
Unha parella pontevedresa tenta vender por internet unha bici que roubaran e é detida
Por Redacción |
-
A ondada de roubos e danos en rochos deixa 19 novas vítimas na Parda
Por Natalia Puga |
-
Veciños de Valdecorvos denuncian roubos e danos nos seus rochos
Por Natalia Puga |
-
Deteñen o ladrón de bicicletas
Por Redacción |