Tirón e adeus bolso e móbil
Por Redacción
A Policía Nacional detivo un veciño de Pontevedra como presunto autor dun delito de roubo con violencia por levarlle o bolso a unha muller en plena rúa a media noite polo método do tirón.
Os feitos aconteceron sobre as 00.05 horas da madrugada do 13 de xuño na rúa Rosalía de Castro. Unha muller camiñaba pola zona cando foi abordada por un individuo que camiñaba detrás dela. Nun momento dado, propinoulle un forte empuxón, tirouna ao chan e conseguiu arrebatarlle o bolso.
Segundo denunciou a muller posteriormente, unha vez que tiña o bolso no seu poder, saíu fuxindo á carreira. No bolso levaba documentación persoal, 50 euros, lentes de sol e un teléfono móbil.
A Policía Nacional abriu unha investigación que rematou coa detención do presunto autor, un home de 39 anos con antecedentes policiais por feitos similares. Tras prestar declaración en dependencias policiais, foi posto a disposición xudicial.