O Centro de Dano Cerebral Miguel Domínguez potencia un novo servizo de psicomotricidade infantil
Por Redacción
O Centro de Dano Cerebral e Neurociencias Miguel Domínguez dispón nas súas instalacións de Poio dunha sala especificamente destinada á potenciación do novo servizo de psicomotricidade, unha prestación en moitos casos complementaria a tratamentos de patoloxías que implican problemas con funcións motoras ou de coordinación.
O servizo súmase a outras importantes dotacións que o GHMD concentrou neste centro con destino a pacientes pediátricos, como o Lokomat, un moderno equipo que facilita os adestramentos dun patrón de marcha asistida e que é un dos poucos existentes en España habilitado para asistencia pediátrica, ou a Unidade de Atención Temperá para nenos e adolescentes con algunha disfunción neurolóxica, que se inaugurou a pasada primavera.
Á fronte da nova área asistencial encóntrase a fisioterapeuta pediátrica Lorena Novoa Suárez, técnico en Psicomotricidade e especialista en Desenvolvemento Cognitivo, Sensorial, Motor e Psicomotor en Infancia. Ela deseña todo tipo de circuítos e programas de actividades para nenos dende os dous anos tanto para traballar a psicomotricidade fina, é dicir, destreza manual, pinzr, propiocepción e discriminación manual, como a grosa, con accións de coordinación, equilibrio ou respiración, destinadas ambas as dúas a favorecer o desenvolvemento xeral psicomotor e tratar diversas discapacidades neuromotrices.
Relacionadas:
-
Cidadáns pide a adquisición do robot terapéutico Lokomat para o Complexo Hospitalario de Pontevedra
Por Redacción |
-
Unha unidade de atención temperá, novo servizo para nenos con problemas neurolóxicos na Merced
Por Redacción |
-
O pequeno Álex Guntín mellora grazas ao tratamento recibido en Poio co robot Lokomat
Por Redacción |