Praia e verán en Marín son sinónimo de kaiak
Por Redacción
Co verán chegan as actividades máis vencelladas á praia e ao mar e en Marín tomaron boa nota da tendencia. O Concello ven de poñer en marcha a actividade 'Máis kaiak Marín', que estará funcionando entre o 30 de xullo e o 29 de agosto en distintos areais do municipio.
A actividade chegará a todas as praias de Marín segundo un calendario estipulado. En todos os casos desenvolverase por turnos en horario de mañá de 11.00 a 14.30 horas e pola tarde de 15.30 a 20.20 horas. As persoas interesadas deberán anotarse na propia praia.
Cada actividade ten unha duración de media hora e en cada turno haberá cinco embarcacións dobres e tres individuais. Calquera dúbida acerca da actividade e das normas de seguridad estará a disposición dos usuarios nos paneis informativos situados nas propias praias.
En anos pasados o Concello organizou distintas actividades de dinamización das praias que incluían ludotecas ou inchables, pero este ano decidieron centrarse só nunha. Optaron polo kaiak, que se ofertou na programación do verán de 2014 e, segundo fontes municipais, "tivo moita aceptación, xa que é unha actividade perfecta para desenrolar nas nosas praias, de augas tranquilas e paisaxes excepcionais". Destacan que esta actividade fomenta unha vida saudable.
Relacionadas:
-
4.028 persoas soben ao kaiak en Portocelo, Mogor, Loira e Aguete
Por Redacción |
-
Máis de 1.600 persoas gozaron xa dos kaiak nas praias de Marín
Por Redacción |
-
As praias de Loira e Aguete prepáranse para recibir as actividades de 'Máis Mar Marín'
Por Redacción |
-
Máis Mar presenta novas actividades para o verán de Marín
Por Redacción |