Quen canta reza dúas veces e se leva un quilo de arroz, tres
Por Redacción
Este domingo celebrarase un concerto de gospel solidario ás 22 horas na Praza Massó.
O obxectivo deste evento, organizado pola Asociación Cultural Evanxélica Revive en colaboración co Concello de Bueu e de Gospel Vida, é conseguir existencias para o Banco Municipal de Alimentos.
Así, para entrar será necesario achegar 1 kg de alimento non perecedoiro.
A Asociación Gospel agarda superar os 350 kg que se recolectaron no concerto de Nadal.