Educación investirá 180.000 euros nos dous institutos de Sanxenxo
Por Redacción
A concelleira de Educación, Sandra Fernández Agraso, destacou a boa sintonía encontrada no xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, no encontro mantido este martes e no que ambos trataron os investimentos nos centros escolares e a corrección de algunhas incidencias no servicio de transporte aos colexios.
Pérez Ares confirmou á concelleira de Educación un investimento de que supera os 180.000 euros nos dous institutos do municipio. A maior parte, uns 150.000 euros, destinaranse ao IES de Vilalonga, onde a Consellería acometerá o cambio de cuberta e falsos teitos do módulo de Talleres.
No IES de Sanxenxo, en Baltar, a Consellería ten previsto realizar unha obra que supera os 35.000 euros de investimento. Consiste na reparación do peche do ximnasio co obxectivo de reparar as numerosas goteiras que filtran polo perímetro.
A maiores destas dúas actuacións, Sandra Fernández Agraso plantexou a Pérez Ares a urxente necesidade de acometer obras maiores en casi a totalidade dos centros escolares. As dificultades orzamentarias da Consellería impiden, segundo lle explicou Pérez Ares á concelleira de Educación, poder asumir en solitario estes traballos, a pesar de seren competencia da Consellería.
Por elo, Concello e Xunta cofinanciarán os traballos a realizar co fin de que tódolos centros escolares teñan este ano algunha actuación importante en materia de conservación. Ainda que quedaron pendientes de concreción as cantidades a aportar por cada unha das administracións, si acordaron que se subsanaran deficiencias importantes detectadas en aulas de Infantil, en accesos a algún centro ou de mantemento exterior das edificacións.
Na reunión non so abordaron cuestións relativas á conservación dos colexios, senón tamén de contido educativo. Neste sentido descartou a posibilidade de desdobrar a aula de primeiro de Primaria do colexio A Florida, na que hai 26 alumnos, por considerar que o centro cumple o catálogo de docentes por número de alumnos. A concelleira non conseguiu que Educación baralle o desdobre pero sen embargo a Consellería si accedeu á incorporación dun profesor de apoio en Educación Infantil, para garantir que se cubran as necesidades educativas do alumnado.
Un reforzo do persoal docente foi tamén o que Sandra Fernández Agraso solicitou para o colexio de Portonovo, debido ao número de alumnos que presentan necesidades educativas especiais. O xefe territorial vai valorar o tema e daralle unha resposta definitiva á concelleira nunha vindeira reunión.
TRANSPORTE
Además dun técnico educativo, na reunión participou tamén o xefe de Servizo de Transporte, debido a que a concelleira de Educación quería abordar co delegado provincial a solución a varias cuestións organizativas que afectan aos escolares de máis dun centro e que teñen que ver, sobre todo, co retraso na hora de chegada aos colexios. Esto ocurre, por exemplo, no IES Baltar, donde o transporte escolar deixa aos alumnos cando 20 minutos despois de que den comezo a clases.
Pérez Ares comprometeuse con Fernández Agraso a realizar unha inspección en setembro que controle os horarios dos autobuses e a porlle unha solución para correxir o problema. Máis difícil veu solventar o caso do Telleiro, único que non ten xornada continuo de mañán ao non poder dispor de servicio de transporte no horario de mañán.
Resolver esta situación supón un desembolso que a Consellería non pode asumir pero Pérez Ares comprometeuse a facer un novo estudo de viabilidade ao respecto. Sandra Fernández Agraso trasladoulle a importancia de establecer un criterio único á hora de marcar os horarios lectivos de tódolos escolares do municipio e trasladoulle os inconvintes que derivan do feito de que o Telleiro imparta clase o xoves pola tarde, por exemplo, á hora de programar as actividades extraescolares.