A Xunta acomente a mellora do asfaltado nos accesos ao polígono do Campiño
Por Oskar Viéitez
A Consellería de Infraestruturas está a acometer estes días as obras de mellora do asfaltado da PO-532.
Os traballos realízanse ao longo de 3.32 quilómetros entre os concellos de Pontevedra e Ponte Caldelas, dende a glorieta na Ermida ata a glorieta Polígono O Campiño/Reigosa cun orzamento total de 253.218 euros. A obra comprende diversas actuacións que consisten en fresar zonas puntuais con maior nivel de fisuración, adoptando un espesor medio de fresado de 5 centímetros, para posteriormente aplicar, tanto nestas áreas como na totalidade da plataforma, 5 centímetros de formigón bituminoso.
Na PO-542 tamén estanse a executar estas tarefas de mellora nun tramo cunha lonxitude de 2.36 quilómetros dende a glorieta na Ermida, para o que se destinan aproximadamente 159.055 euros.
Segundo explicou o xefe do Servizo de Infraestruturas de Pontevedra, Fausto Núñez, "en ambas estradas existía un alto nivel de fisuración debido principalmente ás condicións climáticas e ao elevado tránsito de vehículos pesados".
"Nalgúns tramos observábase tamén un importante esgotamento estrutural do pavimento debido en parte á acción erosiva da filtración da auga no firme" engadiu Fausto Núñez.