O goberno local de Marín non ten solucións inmediatas para resolver o problema da falta de auga en Seixo
Por Redacción
Este luns tivo lugar unha reunión cos veciños que están máis afectados pola falla de presión de auga durante o verán en Seixo, particularmente nas zonas altas. O encontro estivo promovido polo BNG.
Os problemas que se detectan, foron expostos pola alcaldesa, María Ramallo, e polos concelleiros que a acompañaron, dando as explicacións técnicas os funcionarios encargados deste servizo.
Así sinalaron que tamén existen problemas máis concretos que engádense ós de outros anos que serán revisados en edificios para tratar de ver si existe a maiores algunha outra cuestión técnica que este agravando a situación.
Dende o goberno local suliñaron que a medio prazo o próximo año a obra de Acuaes posibilitará contar con máis presión de auga pola canalización da mesma a través da conducción nova.
Na actualidade quedouse en revisar se existiría otra solución máis inmediata para poder paliar este problema, estase revisando a rede para ter a certeza de non existen fugas ou avarías.
REFRESCOS DO ATLÁNTICO
De 16.00 a 20.00 horas e pola noite de 00.00 a 07.00 horas son os periodos de tempo nos que se lle da máis auga á empresa Refrescos del Atlántico que está notando moito a falla de presión, aínda que no verán o incremento da producción vese afectada.
Esta empresa ten uns consumos de auga ó día similares a dúas veces á población de Seixo, polo que resulta imposible poder darle máis presión de auga.
Estase suministrando con camións cisterna para paliar na medida do dita falla de presión.
Relacionadas:
-
O BNG de Marín insta ao goberno local a cumprir coa obriga de dar auga a todos os veciños
Por Redacción |
-
Critican ao Concello de Marín por chorrear as rúas con auga potable mentras os veciños sofren restriccións
Por Redacción |
-
Medio Ambiente inicia as obras de mellora do abastecemento a Marín
Por Redacción |
-
Veciños de Seixo acumulan semanas de restricións de auga
Por Redacción |