O novo goberno provincial convoca aos alcaldes dos pequenos concellos
Por Redacción
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presidirá este martes, ás 10 da mañá, no Salón de Plenos da Deputación, a primeira reunión cos alcaldes dos 53 concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, cumprindo cun dos seus primeiros compromisos tras tomar posesión á fronte do novo goberno da Deputación.
A este primeiro encontro asistirá o vicepresidente César Mosquera e deputados do goberno provincial.
Na reunión, definiranse as liñas básicas de traballo, os marcos de cooperación e o novo criterio de relacións entre os Concellos e a Deputación, despois de que a presidenta anunciase no seu discurso de investidura a súa firme vontade de apostar polo municipalismo e polo principio de horizontalidade, para manter unha relación de igual a igual coas entidades locais.