Feijóo e Lores chegan a un principio de acordo para pagar a débeda con Sogama
Por Oskar Viéitez
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, abordaron este luns a débeda que ten o Concello coa empresa pública Sogama, ao respecto do cal alcanzaron un principio de acordo para desbloquear a situación que agora terán que "concretar exactamente" coa sociedade que trata os residuos.
"O Concello de Pontevedra está de acordo en pagar o principal", resumiu Lores.
Entre os aspectos que terán que concretar que cantidade aboará o concello en intereses. "En todo caso, espero e desexo que sexa a reunión definitiva para poñer ao día as contas de Sogama no Concello de Pontevedra", dixo o presidente da Xunta.
Despois da súa entrevista de máis de dúas horas en San Caetano ambos os dous mandatarios manifestaron a súa intención de mellorar as relacións entre ambas as dúas institucións. En todo caso, precisou Feijóo, "non teñen unha cuestión política detrás", senón que obedecen a "criterios ou percepcións diferentes" entre unha óptica autonómica e municipal aínda que Lores insistiu na "patente falta de colaboración e entendemento" por parte do Executivo galego.
"Eu voume relativamente contento", afirmou o alcalde de Pontevedra.
EDIFICIO XULGADOS
Entre outros asuntos, ambos os dous tamén abordaron infraestruturas, saneamento ou turismo no marco do Camiño portugués. O titular do Executivo galego tamén se referiu á licitación "nas próximas semanas" do novo edificio xudicial de Pontevedra e á intención de atender a petición do concello para construír a variante de Alba.
O alcalde tamén pediu que a antiga sede da Xunta na rúa Benito Corbal, que agora non se usa, sexa cedida para crear un "viveiro de empresas" dependente do campus de Pontevedra, ao que Feijóo quedou en dar unha resposta nos próximos tres meses.
Relacionadas:
-
Lores buscará o respaldo da Corporación para reclamar a Feijoo que ceda o edificio de Benito Corbal
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello, á espera da autorización da Xunta á cesión do seu edificio en Benito Corbal
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra acabará de pagar a débeda con Sogama en xuño de 2016
Por Alejandro Espiño |
-
Sogama condona máis de 500.000 euros para pechar o acordo con Pontevedra pola súa débeda
Por Alejandro Espiño |
-
Os voceiros municipais só se puxeron de acordo para desconvocar o Pleno de agosto
Por Cristina Saiz & Oskar Viéitez |
-
Alfonso Rueda arrefría os plans do Concello para converter en viveiro de empresas a vella sede da Xunta en Benito Corbal
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE quere que o alcalde dea explicacións da súa reunión con Feijóo na xunta de voceiros
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra pagará a metade da débeda de Sogama este ano e o resto en 2016
Por Oskar Viéitez |
-
Lores e Feijóo cítanse o próximo luns
Por Alejandro Espiño |
-
Lores pedirá a Núñez Feijóo igualdade de trato para Pontevedra
Por Redacción |
-
Feijóo reunirase con Lores despois do 13 de xuño e pídelle unha orde do día
Por Oskar Viéitez |