Recuperan o cadáver dun home que apareceu flotando nos Praceres
Por Diego Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O cadáver dun home de preto de 50 anos apareceu este mércores flotando na ría de Pontevedra á altura dos Praceres.
Trátase, segundo apuntan os servizos de emerxencia, dun veciño da zona de Estribela, natural de Bueu.
Minutos antes das 20:00 horas varios veciños alertaron do suceso, desprazándose ata o lugar efectivos da Policía Nacional, do servizo maritímo da Garda Civil, Policía Local e Bombeiros de Pontevedra.
Foron precisamente os bombeiros os que recuperaron inicialmente o corpo sen vida do home, accedendo dende terra dada a súa proximidade á costa, para despois facerse cargo a Garda Civil.
As primeiras indagacións realizadas no lugar polos efectivos policiais apuntan cara unha morte accidental. De feito o falecido chegara á zona a pé en compañía do seu can e foron localizados os seus efectos persoais.