Gonzalo Pita pide a Costas unha solución viaria para As Salinas
Por Redacción
A xefa provincial de Costas, Cristina de Paz Curbera, achegouse este mércores a Sanxenxo para comprobar sobre o terreo algunhas das cuestións plantexadas a pasada semana polo alcalde, Gonzalo Pita, nunha reunión mantida en Pontevedra.
O alcalde recibiu á xefa provincial de Costas acompañado pola concelleira de Medio Ambiente e os edís de Servizos e de Cultura. Acercáronse ata a zona das Salinas, donde desemboca o vial que une a zona de A Revolta coa estrada da Lanzada, á altura do paseo de madeira que se adentra na zona dunar, co obxetivo de buscar unha solución ao problema de falla de seguridade vial neste tramo.
Trátase dunha vella reivindicación dos veciños deste entorno e máis dos hoteleiros, debido á perigosidade que encerra a carencia dun paso de peóns para acceder á praia da Lanzada. Veciños e usuarios dos hoteis demandan dende hai anos algunha medida que garantice a súa seguridade cando teñen que cruzar esta estrada.
Paz Curbera entende que o máis viable é a instalación dun paso elevado.
Gonzalo Pita considera “urxente” buscar unha solución a este problema, polo que ademáis do prantexamento que explicou a Costas, solicitará tamén unha reunión co responsable provincial de Carreteras para ver a posibilidade de pintar un paso de peatóns ou instalar un semáforo que poida garantir a seguridade dos vecinos cando queren acceder á zona dunar.
PASARELA NA REVOLTA
O alcalde aproveitou a boa disponibilidade da xefa provincial de Costas para amosarlle os problemas que presenta o vial principal de conexión coa Revolta, que se anega tódolos invernos. Ao tratarse dun tramo moi utilizado polos veciños da contorna, Gonzalo Pita pediulle a Costas a instalación dunha pasarela que aille do chan e permita que os usuarios poidan transitar incluso nos días de máis chuvia. Neste punto insistiu tamén o presidente da Comunidad de Montes de Noalla, Roberto Garrido, que foi convidado polo alcalde para que poidera trasladar á xefa provincial de Costas o seu punto de vista ao respeto.
Roberto Garrido solicitou permiso a Costas para poder limpar as taxeas, obstruídas por terras e acumulación de herbas e prantas, o que dificulta o desagüe natural das pluviais, contribuíndo ás inundacións na zona.
Cristina de Paz Curbera achegouse tamén ata Paxariñas, donde supervisou os traballos realizados por Costas nesta praia e que remataron co acondicionamento dunha pista adoquinada que permite o acceso rodado ata o arenal e facilitao tamén para as persoas con mobilidade reducida.
Curbera explicou que foi esta pista, así como un reforzó na pantalla de pivotaxe instalada para frenar o derrumbamento do talud, o que fixo que o presuposto inicial se disparase, chegando ata os 700.000 euros que se invertiron finalmente.
BAÑO PORTÁTIL
Ademais, a concelleira de Medio Ambiente, Coral González-Haba, solicitou permiso á xefa provincial de Costas para a instalación de un baño portátil máis cerca do areal, aproveitando un recuncho que deixou a propia pista. De Paz Curbera autorizou xa a actuación deixando en mans do Concello a execución da mesma.
Relacionadas:
-
Comezan as obras dun novo paso peonil con semáforo na PO-308 ao seu paso pola Lanzada
Por Oskar Viéitez |
-
Conservación da Natureza emite un informe favorable do proxecto do paso das Salinas
Por Redacción |
-
Sanxenxo traslada á Xunta a petición de mellora de seguridade viaria nas Salinas, O Vinquiño e A Vichona
Por Redacción |