Deteñen un mozo pontevedrés por entrar nunha casa para roubar a tele
Por Redacción
Un mozo de 20 anos de idade, veciño de Pontevedra, foi detido como presunto autor dun roubo con forza nun domicilio da cidade.
Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría Provincial de Pontevedra os feitos aconteceron o día 25 de xuño, cando o inquilino dunha vivenda do barrio de San Antoniño denunciaba o roubo no interior do seu piso.
Ao parecer subtraéronlle un televisor de 27 polgadas do interior da residencia tras fracturar a porta de entrada.
O pasado día 3 de xullo sobre as 15.00 da mañá o presunto autor foi identificado e detido polos axentes por un delito de roubo con forza. Unha vez en dependencias policiais foi tramitado o correspondente atestado policial, no que o detido foi oído en declaración.