Moreira seguirá tendendo a man aos grupos da oposición malia que "solo quieren hablar de su financiación"
Por Redacción
O Partido Popular seguirá ofrecendo a posibilidade ao resto de grupos municipais da oposición de xuntarse para buscar acordos que permitan realizar propostas conxuntas. Jacobo Moreira, portavoz do grupo municipal popular, lamentou o rexeitamento por parte de Marea Pontevedra e do PSOE para manter un diálogo construtivo, según dixo, para solucionar os problemas dos pontevedreses. É a nova política pola que apostamos, sinalou. E engadiu que non se trata de formar unha fronte nin ir en contra de ninguén. "Es hablar en favor de los pontevedreses", apuntou.
Neste sentido, Moreira acompañado polos concelleiros César Abal e Tomás Abeigón criticou a actitude dos outros partidos: "si otros solo quieren reunirse para tratar asuntos de sus partidos y para resolver sus problemas, ahí no estaremos". O portavoz popular sinalou en relación con Marea que "solo hablan de la financiación que reciben y de su local".
En canto ás críticas recibidas por parte do PSOE por absterse o PP na elección de Fernández Lores como alcalde. Os populares apuntan a que fixeron un compromiso público en campaña electoral e que apoiarían a lista máis votada.
Moreira lamenta que Marea Pontevedra presentase unha moción pola súa conta para realizar o Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOM) en lugar de reunirse co resto de grupos da oposición. O concelleiro popular indicou que o que querían evitar era o que pasou, cun partido que presenta unha moción por separado alegando que iso non beneficia os veciños de Pontevedra.
Sobre o PXOM, Jacobo Moreira indicou que non se opoñería a que se deixasen os terreos que ocupa Ence fóra do Plan porque iso xa está regulado por outra figura urbanística, o plan sectorial, afirmou. O representante popular insistiu en considerar que non é admisible que a concelleira de Urbanismo, Carme da Silva, saia e no seu primeiro anuncio diga que non vai facer o seu traballo".