Black Stones e Los Limones poñen o broche á gala do 50 aniversario do Liceo Casino na Caeira
Por Redacción & Diego Torrado
A gala do 50 aniversario do Parque do Liceo Casino na Caeira, celebrada na noite deste sábado, foi todo un éxito. Unhas 300 persoas gozaron dunha divertida festa que se prolongou ata altas horas da madrugada do domingo e que tivo como broche estelar a actuación dos grupos musicais Black Stones e Los Limones.
Socios e convidados, xunto cos compoñentes da xunta directiva actual, que preside Jaime Olmedo, gozaron ata altas horas dunha cea de gala que comezaba pouco despois das 22:00 horas.
Entre os asistentes, non faltaron expresidentes ou directivos anteriores do Casino, como José Ángel Fernández Arruty, Eduardo Barros, Ángel Caruncho ou Sabela Domínguez, nin tampouco representantes da clase política, como o subdelegado do goberno en Pontevedra, Antonio Coello Bufill ou os concelleiros do grupo popular no Concello de Pontevedra, Jacobo Moreira, César Abal, Rafael Domínguez e Tomás Abeigón.
Antes, á chegada ao parque, os asistentes puideron desfilar por tres divertidos photocall conmemorativos nos que deixaron constancia da súa asistencia, xunto cos seus amigos, ataviados con motivos de época.
Finalizada a cea deu comezo o concerto e baile. Abriron o concerto os Black Stones, que fixeron as delicias do público cun repertorio no que mesturaron temas propios con clásicos do rock dos anos 50, 60 e 70. Pasadas as 2:00 da madrugada foi a quenda para Los Limones, aos cales correspondeu unha fin de festa magnífico.
Relacionadas:
-
RADIO.- Tino Domínguez, un Black Stones "por oposición"
Por Marisa Ciordia |
-
O Liceo Casino rende homenaxe a 16 novos socios de honra
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Posta de longo de 16 mozas no Baile da Peregrina do Liceo Casino, que contou con 3.000 asistentes
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Medio século do Liceo Casino na Caeira
Por Redacción |