Reabren o parque do Espiñeiro de Portonovo tras unha profunda remodelación
Por Redacción
Tras varias semanas de traballo, os veciños de Portonovo xa poder volver gozar do Parque do Espiñeiro, unhas das principais zonas verdes da vila. Desde a tarde do venres, o Concello de Sanxenxo reabriu todo este espazo, ao completarse as obras de remodelación que se fixeron.
O alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, supervisou o final destes traballos de acondicionamento que se levaron a cabo neste espazo público, acompañado de técnicos municipais, para ver que se realizaron conforme ao establecido no prego de condicións.
O Concello destinou a esta obra unha partida de 46.500 euros, que foron empregados nunha reforma global deste espazo. A actuación incluíu o arranxo de xogos e a instalación de outros novos, así como a reparación das superficies de caucho danadas e a dotación de céspede artificial no perímetro das áreas infantís.
As obras feitas no Espiñeiro buscaba ordenar, reparar e ampliar os xogos infantís, crear unha zona anexa en césped artificial antiestático, así como ampliar o círculo biosaudable, debido á elevada demanda veciñal.
Todo iso porque, segundo recordou o alcalde, trátase dun espazo moi frecuentado e cun elevado número de usuarios, o que fai que en ocasións o parque resulte insuficiente para a demanda existente.