Fin de semana para poñerse a 'rebequita'
Por Oskar Viéitez
Din os técnicos de MeteoGalicia que a nosa comunidade seguirá nunha zona intermedia entre as altas e as baixas presións cunha fronte pouco activa que rozará a costa atlántica deixando o ceo anubrado con algunha precipitación para logo dar paso a unha alternancia das nubes cos claros.
As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente mentres que as máximas descenderán lixeiramente no norte e non terán cambios no resto. O vento soprará frouxo do sudoeste pola mañá, rolando a oeste pola tarde e a compoñente norte pola noite.
Nas Rías Baixas agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados, aínda que ocasionalmente poderán atoparse moi anubrados. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso lixeiro e máximas sen cambios.
No referido ó estado da calidade do aire, manterase bo en xeral.
ANTICICLÓN PARA O LUNS
A xornada do luns virá marcadas pola situación anticiclónica que deixará una xornada con predominio do sol e calor en toda a Comunidade.
A partir do martes a situación anticiclónica non será tan dominante, os ventos poderían cambiar de dirección a compoñente oeste e polo tanto as probabilidades indican que poderían aumentar as nubes no oeste e diminuír en xeral as temperaturas.