Ibericar Gestoso presenta en Baiona o novo Renault Espace
Por Redacción
Renault presentou recentemente o novo Espace, un modelo que recolle a tradición de innovación que se remonta 30 anos e que seduciu máis de 1.250.000 clientes, e revoluciona de novo o mercado cun crossover innovador e elegante, inspirado na aeronáutica, que xunta as mellores virtudes dun monovolume xunto co pracer de condución dunha berlina e o deseño expresivo dun S.U.V.
O novo Espace ofrece un auténtico e novidoso universo de emocións, protagonizado polo sistema multi-Sense, un innovador dispositivo que se adapta ao estado de ánimo do condutor así como ás situacións de condución.
O novo Espace tamén ofrece unha experiencia de condución fóra do común en termos de benestar a bordo en todos os niveis de equipamento, e, en particular, na versión Initiale Paris, que reagrupa o uso de materiais refinados nas tapizarías e gornecidos co de servizos específicos alto de gama.
Co obxectivo de dar a coñecer e ampliar estas e outras características do novo Espace, Ibericar Gestoso, concesionario Renault - Dacia para as provincias de Pontevedra e Lugo, realizará durante o dia 1 de xullo, a partir das catro da tarde, unha formación orientada ao cliente no Parador Nacional de Baiona.
A xornada será eminentemente práctica, impartida por técnicos de automoción, e completarase cunha proba do vehículo polos arredores do Parador.
Como colofón desta xornada, o xefe de cociña do parador preparou en exclusiva para os convidados á formación un pincho denominado Menú Espace. Un saboroso aperitivo composto por unha tapa salgada e outra doce cun aceno gastronómico da nosa terra ao novo Espace.
NOVO RENAULT ESPACE
A gama comercializada en España é sinxela e estruturada en torno a 3 motorizacións potentes e eficaces de 200 cv gasolina, 130 diesel e 160 cv Twin Turbo diesel, esta última presentando un consumo mixto de 4,6l. Ambas as dúas motorizacións diesel non superan o límite de 120 gr/km de emisións de CO2, o que lles asegura a exención completa do imposto de matriculación en España.
Cun prezo de arranque en España de 29.350 euros para a versión Life Energy dCi 130cv, a gama Espace está presente no concesionario pontevedrés dende o pasado 22 de maio.