Última semana para a convocatoria de Becas Ence para Estudos de Máster
Por Redacción
O próximo luns, día 6 de xullo, remata o prazo para solicitar as Becas Ence para realizar Estudos de Máster. O programa de Bolsas de Ence Energía y Celulosa para estudantes de Pontevedra e comarca, que chega á súa cuarta edición, está destinado a apoiar a especialización do alumnado mediante os estudos de máster en universidades de Galicia, o resto de España e o estranxeiro.
Tras catro convocatorias do Programa de Bolsas para Estudos de Máster, Ence formúlase ampliar o seu alcance.
"A formación de futuros profesionais é fundamental tanto para os propios estudantes coma para a bisbarra. A economía depende cada vez en maior medida do coñecemento. E de aí que Ence queira impulsar o seu apoio aos estudantes de excelencia. É un xeito, á fin, de apoiar o desenvolvemento económico da comarca", sinalan dende o Grupo Ence nun comunicado.
Ence está a estudar ampliar a convocatoria a partir do ano próximo apoiando xa non só a realización de estudos de máster senón tamén a realización de estudos de Grado. O programa, que ainda está a ser definido, supoñerá un cambio importante no alcance das bolsas: o seu número pasará a ser moito maior.
ATA 6.000 EUROS
Cada unha das bolsas que Ence ofrece en 2015 para a realización de estudos no estranxeiro terá unha dotación de 6.000 euros. Como en anos anteriores, o 50% do importe da bolsa recíbese antes do inicio dos estudos. O 50% restante desembólsase cando a persoa beneficiada remata os seus estudos. Aqueles estudantes que opten polas universidades galegas recibirán un apoio de 3.000 euros. Os que se efectúen os seus estudos noutras universidades do Estado recibirán, ademais dos 3.000 euros, un complemento de 1.000 euros para gastos de desprazamento.
Para a selección de bolseiros, os criterios de resultados académicos e pertinencia dos estudos serán os únicos a ter en conta independentemente de cuestións territoriais.
As bases do programa de bolsas Ence poden ser descargadas do sitio web de Ence Pontevedra .
A empresa priorizará aquelas solicitudes para o estudo de programas relacionados coa protección de medioambiente e a biodiversidade, as ciencias forestais e agrarias, a enxeñaría, o desenvolvemento industrial e infraestruturas territoriais, a administración e xestión da empresa e as ciencias sociais e da comunicación.
Os interesados poden solicitar máis información sobre a III Convocatoria de Bolsas de Ence en Pontevedra a través da dirección de correo electrónico becasencepontevedra@ence.es.