Inmigración clandestina, trata de seres humanos e 'vudú' danse cita na Audiencia
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
Inmigración clandestina, prostitución, trata de seres humanos e branqueo de capitais déronse cita este martes na Audiencia Provincial de Pontevedra nun mesmo xuízo que, finalmente, se resolveu cun acordo de conformidade entre sete acusados e a Fiscalía no que todos saíron condenados e as súas dúas vítimas, dúas mulleres cualificadas como testemuñas protexidas e vítimas de trata, recibirán unha indemnización. E no que houbo un protagonista pouco habitual, un bebé nun carro ao lado do banco dos acusados. Unha das procesadas levou o seu fillo.
A Sección Cuarta de la Audiencia fixara catro xornadas para a celebración do xuízo, pero, tras o acordo, quedou visto para sentenza. Os sete confesáronse autores dos feitos e aceptaron as penas solicitadas pola Fiscalía, que van dende os seis meses de prisión dos dous encargados de clubs de alterne que facían a vista gorda coa situación irregular de mulleres que exercían a prostitución aos oito anos de cárcere dunha muller de orixe nixeriana que favorecía que os seus compatriotas se trasladasen a España irregularmente para prostituírse.
Tan só unha das procesadas chegou ao xuízo en situación de prisión provisional, a muller que ten sidio condenada a oito anos. Os outros estiveron encarceradas, pero superouse o tempo máximo de estanza en prisión. Tras a condena aceptada, dous deles deberán regresar, dous homes, unha condenado a seis anos e tres meses por prostitución, inmigración clandestina e branqueo e outro a seis anos e medio por branqueo, inmigración e trata de seres humanos. Dúas mulleres de orixe nixeriana deberán cumplirdos anos e tres anos e nove meses por favorecer a inmigración clandestina, pero ambas as dúas estiveron xa en prisión preventiva máis tempo, de modo que agora non entrarán.
Os sete acusados tiñan distinta implicación nunha trama deseñada para captar mulleres en Nixeria que, batifondos pola mala situación que tiñan no seu país, accedían a trasladarse a España, onde as obrigaban a exercer a prostitución. Neste proceso xogaban un papel fundamental mulleres de orixe nixeriana xa asentadas en España que contactaban coas vítimas e as convencían para a viaxe mediante o engano e prácticas de vodú coas que conseguían a súa submisión. Unha vez en territorio español, exercían en distintos clubs, sendo acreditada na causa que se xulgou na Audiencia a súa actividade nun de Ponteareas e outro de Valencia.
A fiscal do caso explicou que se puido acreditar a existencia de tres vítimas, sen poder concretar cantas máis poderían ter tido. Unha delas non chegou a entrar en Europa. Das outras dúas, unha é menor de idade e protagonizou unha rocambolesca e tráxica experiencia mentres que a outra foi protagonista dunha historia máis habitual en clubs de alterne: tras exercer de dous a tres anos en distintos clubs nunha situación de escravitude e submisión absoluta, foi localizada nun dos locais e rematou confesando e axudando ás Forzas de Seguridade para deter os agora procesados.
A moza menor de idade chegou a Europa vía París, foi retida na fronteira por ir indocumentada e pasou días nun centro de menores, pero escapouse e dirixiuse en avión a Valencia, onde volveu ser retida e trasladada a un centro. A pesar esa nova tesitura, non se librou das persoas que lle contactaran e que, antes de partir de Nixeria, a someteran, a través de familiares dunha das acusadas, ao ritual do vodú. Unha das acusadas contactoulle no centro no que foi internada e instouna a escaparse e pedir o asilo en España.
Durante o tempo que durou a instrución desta causa, iniciada no ano 2010, entraron en vigor tres reformas legais distintas.
Unha vez na rúa, foi obrigada a exercer a prostitución con ameazas de vodú e de causar dano á súa familia en Nixeria, actividade na que estivo ata que foi localizada pola Brigada de Estranxeiría e, con moito esforzo, superou o temor e acabou confesando e axudando aos investigadores. O terror que sentía ao vodú e as ameazas de dúas das acusadas causoulle sufrimento psíquico e dano moral e, para superar a dura situación, a fiscal destaca que resultou clave a intervención de varias ONG e da Rede de Trata.
A representante da Fiscalía destaca que a condena lograda resulta importante en varios aspectos. O primeiro é que se logrou condenar aos dous responsables de clubs de alterne citados, pois eles non interviñeron no delito de inmigración clandestina, pero si son culpables de non se preocupar pola situación na que as mulleres exercían a prostitución e "no sirve mirar hacia otro lado". Trátase de dous procesados de orixe española condenados a seis meses de prisión polo delito de prostitución.
Segundo a fiscal, resulta tamén importante que dous dos acusados resultaron condenados por branqueo de capitais, pois se detectaron elevados ingresos na súa conta, todos realizados por mulleres que exercían a prostitución e que se presupón que lle estaban a pagar por facilitarlle a estrutura para viaxar a España dende Nixeria. E resalta tamén que as dúas vítimas puideron ser cualificadas vítimas de trata e atendidas como tales.
A condena por conformidade chegou xusto un día antes de que entre en vigor a reforma do Código Penal pola que se tería modificado a condena a algún dos procesados, de aí que tamén esta circunstancia sexa destacada pola fiscal. De feito, durante o tempo que durou a instrución desta causa, iniciada no ano 2010, entraron en vigor tres reformas legais distintas.