Alcohol, condución e lume, precaución en San Xoán
Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 aconsella ter precaución na noite de San Xoan ante o alcohol, a condución e o lume das cacharelas para evitar incidentes.
Recordan dende o 061 que cada ano os accidentes de tráfico, as queimaduras e as intoxicacións etílicas constitúen a causa principal das chamadas de demanda de asistencia sanitaria.
Por iso consideran que o primeiro é elixir o sitio onde facer as cacharelas, que non deben ser lugares pechados nin próximos a cables de alta tensión.
En caso de que se prenda a roupa non hai que correr senón que bótase ao chan e cubrir a cara coas mans mentres outra persoa cobre o lume cunha peza forte.
Se a situación non é controlable recomendan chamar o 112 dende calquera teléfono móbil, que funcionan mesmo bloqueados para contactar con emerxencias.
Os ecoloxistas de Adega solicitan, ademais, non prexudicar o medio ambiente coa celebración e para iso recomendan evitar praias e dunas, en especial en litorais protexidos ou de alto valor ecolóxico.
POIO
En Poio están autorizadas 140 fogueiras, se incluir as pequenas cacharelas que se poderán facer nas praias.
O día grande das festas patronais de Poio arrancará coas alboradas a cargo de Vides Novas e Escola de Música Tradicional, que percorrerán durante as festas por todas as parroquias. Ás 20 horas farase unha recollida de herbas de San Xoán, partindo dende a saída da praza de Arís. Ás 21.30 horas asaranse 500 quilos de sardiñas na sardiñada popular, con degustacións por 2 euros con pan e viño na praza da Seca, onde se celebrarán tamén a verbena amenizada por Mosaico e Xacobeo, co espectáculo de lume e as cacharelas a partir das 23.30 horas.
PONTEVEDRA
No concello de Pontevedra rexistráronse 182 fogueiras (máis que o ano pasado que foron unhas 140). As máis numerosas están nas parroquias de Mourente (25), Salcedo (24) e Marcón (22). Onde hai menos rexistradas é na Canicouva e no centro urbano onde hai 16 rexistradas.
MARÍN
No concello de Marín foron cursadas 133 solicitudes.
O Concello contribuirá á festa coa asociación Festimar no Parque azul, onde haberá xogos desde ás 19.00 horas e fogueira, así como na Praia de Mogor onde habera unha actuación do DJ Rubén Díaz a partires das 00.00 horas, realizando o Merendero de Mogor unha fogueira e sardiñada. Haberá máis iniciativas como a dun chiringuito na Praia de Aguete con música, así como outras que organizan asociacións e colectivos.
Dende o goberno local lembran que as fogueiras nas praias non están permitidas.
VILAGARCÍA
A tradición de recibir o verán co lume purificador seguen a medrar en Vilagarcía. Finalmente foron autorizadas 246 fogueiras para as noites de San Xoán e San Pedro. O Concello tamén montará a súa cacharela para prender xusto ao remate do concerto de Sweet California na praia da Concha. Ademais, concedéronse 19 permisos a locais de hostalería para realizar sardiñadas na rúa.
BUEU
En Bueu na noite de San Xoán haberá fogueiras na praia de Agrelo, Banda do Río e en Tuia e na noite de San Pedro, o Club Golfiños estará na Estacada, a Asociación Cabanouro en Xexide e tamén haberá fogueira na Banda do río. A estas cacharelas en terreo público únense un total de doce en terreo privado por San Xoán e catro por San Pedro.
Relacionadas:
-
San Xoán vai alá... e o meigallo con el
Por Diego Torrado |
-
Os concellos van preparándose para as cachadas de San Xoán
Por Redacción |
-
Máis música tradicional e máis deporte nunhas Festas de San Xoán "para todos os públicos"
Por Alejandro Espiño |
-
Abre o prazo para solicitar un permiso para as fogueiras de San Xoán
Por Redacción |