Afectados polas preferentes péchanse en Sanxenxo "ata que o corpo aguante"
Por Natalia Puga
A vaga de peches que os afectados polas preferentes de toda a provincia comezaron en decembro chegou á bisbarra do Salnés. Despois de que o venres 28 mantivesen un encerro de 12 horas no Concello de Pontevedra, dende este xoves os afectados empezaron un peche indefinido na casa consistorial de Sanxenxo.
O encerro en Sanxenxo está secundado por unos 80 afectados da Plataforma de Afectados do Salnés. Un dos seus voceiros, José Manuel Vázquez, sinalou antes do inicio deste, que o manterán "ata que o corpo aguante" ou "ata que teñamos unha solución".
Os afectados concentráranse ás 10.30 horas na Praza do Pazo e a continuación, ás 11.00 horas, dirixíronse cara á Casa Consistoril. Nun primeiro momento, a Policía Local impediulles o paso, pero finalmente lograron chegar ao salón de plenos, onde teñen pensado durmir ata que recuperen o diñeiro que teñen en participacións preferentes e obrigas subordinadas.
Aseguran que "de aquí non nos iremos, e si nos desaloxan, amoarán que son uns corruptos que apoian os banqueros e non a quen os votaron" e piden reunirse co presidente do Goberno, Mariano Rajoy. "Sería máis respetado si se acercase ao Concello", indican
A alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, mostrou o seu apoio a estes afectados, que esá ataviados con camisetas reivindicativas e cos que se xa se reuniu hai varios días para escoitar as súas demandas.
Entre os afectados hai veciños de todas as parroquia de Sanxenxo e doutros municipios da comaca. En resposta a aquela reunión coa alcaldesa, este xoves presentaron un escrito coas súas demandas no rexistro municipal.
Ao respecto, Catalina González confesou que sente "impotencia de no poder hacer algo más, no es algo que pueda resolver un alcalde", pero comprometeuse a intentar trasladar a súa demanda de forma oficial "a todos los organismos que puedan tener competencia en este asunto, pero sobretodo a nivel de partido", pois"necesitan todo el apoyo posible para que quien pueda resolver este problema lo resuelva".
"Estamos gobernando en la Diputación, en la Xunta y en Madrid, y esto tiene que trasladarse allí", indicou e díxolles que "el gobierno de Sanxenxo no está de acuerdo con que ustedes sean calificados como inversores, para nada, ustedes son ahorradores que si hubiesen conocido las condiciones del producto no lo hubieran firmado".
Tamén se comprometeu a traballar en colaboración cos alcaldes de Meaño, Lourdes Ucha, e O Grove, José Luis Pérez, para que teñan "información de primera mano" e a pedir ao presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, que reciba os representantes desta Plataforma de afectados.
Relacionadas:
-
Tambores, coplas de Entroido e caretas para pedir "unha solución xa" ás preferentes
Por Redacción |
-
A alcaldesa de Sanxenxo pide a Rajoy e Feijóo que fagan caso aos afectados polas preferentes
Por Natalia Puga |
-
Afectados polas preferentes concéntranse ante a casa de Rajoy en Sanxenxo para pedir a súa mediación
Por Redacción |