O infarto dun condutor provoca retencións na zona da Barca
Por Redacción
Durante máis de media hora rexistráronse retencións na contorna da rotonda da Barca en Poio debido ao infarto que sorprendeu un condutor que circulaba pola PO-308 cando se atopaba á altura do Hotel Don Pepe. O condutor perdeu o control do vehículo que quedou atravesado ocupando os dous carrís da estrada. Ata a zona achegouse unha dotación da policía local de Poio despois de que un particular alertara ao 112 que enviou unha ambulancia para socorrer o home. O condutor foi trasladado ao Hospital Montecelo do Complexo Hospitalario de Pontevedra.
O vehículo foi retirado da calzada da Avenida da Barca e se restableceu o tráfico na zona.