Pontevedra foi a capital española onde máis se reduciron os prezos da vivenda nova
Por Redacción
A Sociedade de Tasación presentou hoxe o Boletín de Mercado de Vivenda Nova de 2012, o único que recolle os datos de vivenda libre en todas as capitais de provincia e poboacións maiores de 25.000 habitantes.
Galicia deixa de ser a comunidade autónoma que menos descende.
Supón unha caída no prezo da vivenda nova do 5,6% en términos reais.
Das catro capitais galegas, Pontevedra, cun -6,5%, é a cidade onde máis baixaron os prezos.
O prezo medio do metro cadrado construído na cidade do Lérez situouse nos 1.303 euros.
Ourense descendeu un 6,2% e a caída en Lugo e A Coruña foron similares cun 5,5 e un 5% respectivamente.
En canto ás poboacións maiores de 25.000 habitantes e que non son capital de provincia, Santiago de Compostela (-8,9%) foi o municipio onde máis caeron os prezos, con 1.515 euros el metro cuadrado. Con estes datos, a cidade máis cara á hora de adquirir unha vivenda é A Coruña, seguida de Vigo e Santiago de Compostela.
En comparación con outras comunidades autónomas, Galicia (-5,6%) rexistrou unha caída por baixo da media nacional (-6,9%).
A comunidade que lideró a disminución de prezos foi Navarra (-12,6%), seguida da Rioja (-11,6%). Doutra banda, as comunidades autónomas que experimentaron unha menor redución do prezo da vivenda libre son País Vasco (-4,1%) e Canarias (-5,2%).