Unha madrugada con 165 controles de alcol na capital e so tres condutores bébedos
Por Natalia Puga
A Policía Local de Pontevedra centrouse na madrugada do 31 de decembro ao 1 de xaneiro en controlar que os condutores cumprisen coa obriga de non levar vehículos baixo os efectos do alcohol. Tras someter ao test de alcoholemia 165 condutores lograron un resultado positivo, tan só tres deron un resultado postivo.
Aínda que dende o Corpo municipal sinalan que todo resultado que non sexa '0' condutores ebrios, o balance resulta positivo. Os controis realizáronse entre as 6.00 e as 8.00 horas, o final dunha longa noite e o momento no que os pontevedreses regresan ás súas casas despois de acudir a diferentes festas e locais de copas.
Segundo informou a Policía Local, na rotonda situada entre a avenida de Bos Aires e a rúa Pai Amoedo realizouse un control no que 95 condutores foron sometidos ao test. Dous deron resultado positivo e foron denunciados por unha infracción administrativa, ao non superar a taxa de alcohol establecida para determinar que a conduta ao volante é constitutiva dun delito pola vía penal.
O segundo control realizouse na rúa Eduardo Pondal. Os axentes integrantes do dispositivo especial de Nochevieja realizaron probas a 70 condutores e detectaron un ebrio. Tamén rematou cunha sanción administrativa.
En canto ao dispositivo especial de seguridade despregado con motivo da noite máis concorrida do ano, fontes oficiais da Policía Local salientaron que se resolveu sen incidencias en canto a enfrontamentos violentos nos que tivesen que mediar ou accidentes de tráfico.
Os axentes recibiron avisos porque se estaban a realizar botellones ilegais en dúas prazas da cidade, pero resultaron alertas negativas. Tamén acudiron a varios domicilios ante as queixas dos veciños por excesivo ruído, pero non se detectou ningunha infracción salientable.