Faleceu Manuel Solla Tomé, Presidente de Honra da S.C.D. Mourente
Por Redacción
Vítima dun cancro, faleceu esta madrugada Manuel Solla Tomé, o Presidente de Honor da Sociedade Cultural e Deportiva de Mourente e impulsor de moitas actividades na parroquia entre as que cabo destacar a creación do grupo de teatro "Teatro Xenio".
Manuel Solla foi un dos socios fundadores da entidade no ano 1959; en 1972 formou parte da xunta directiva de José de la Torre López ao que substituiría en 1979 no cargo de Presidente ata 1986.
Durante os 14 anos que estivo como directivo da Cultural de Mourente, conseguiu coa colaboración das súas xuntas directivas o aumento de patrimonio inmobiliario da Sociedade, realizar as obras das instalacións da pista deportiva, a adquisición de equipamientos diversos tales como o proxector de cine que permitía a nenos e adultos da parroquia gozar dos éxitos cinematográficos en pantalla grande e ata en cor; a sonorización do salón social cun equipo de son que permitiu que moitos dos rapaces dos anos 80 puidesen vivir o seu particular "movida" da época.
Ademais disto, durante a súa etapa á fronte da Sociedade, tamén se puxo en marcha a biblioteca, a agrupación folclórica (cun grupo de baile e un de gaitas), un equipo de balonmano e varios equipos de futbol e futbol-sala, pero sobre todo creouse o grupo de teatro Xenio una das maiores paixóns de Manuel Solla e quizá una das actividades que máis proxección lle deron á Cultural de Mourente fóra da parroquia chegando ata a realizar representacións fora das nosas fronteiras (Lisboa 1984).
Foi un dos socios fundadores da entidade
Por todo isto, Manuel Solla Tomé foi posteriormente nomeado Presidente de Honor da Sociedade Cultural e Deportiva de Mourente, un merecido cargo honorífico outorgado tanto polo seu traballo, como polo seu agarimo e apoio incondicional á S.C.D. de Mourente.
Recentemente, Manuel Solla tamén impulsara a agrupación coral "Voces amigas de Mourente" da que formaba parte xunto cunha treintena de veciños da mesma parroquia.
Unha persoa moi activa, servicial e amistosa á que moitos botarán de menos. Descanse en Paz.