Colisión entre dous coches en Caldas durante unha manobra de adiantamento
Por Redacción
O Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia alertou dun accidente de tráfico ás 9.09 horas deste sábado.
Segundo informou Protección Civil de Caldas dende o lugar do accidente, o sinistro consistiu na colisión entre dous turismos.
Concretamente, un Ford Fiesta e un Opel Vectra que circulaban en dirección a Vilagarcia cando por causas descoñecidas o Opel Vectra colisióno contra o Ford Fiesta que se encontraba en manobra de adiantamento.
No operativo participou tamén a Garda Civil de Tráfico que instruíu dilixencias e o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Valga.
Os servizos de emerxencia tiveron que limpar a calzada unha vez que as asistencias retiraron os vehículos. No accidente resultou un farol tamén danado polo que foi alertado conservación do ministerio de fomento para a súa reparación.
O operativo prolongouse ata as 10.30 da mañá.