Pontevedra despedirá o ano con alerta amarela por choiva e vento
Por Redacción
Choivas de ata 40 litros por metro cadrado en 12 horas e refachos de vento de 80 quilómetros/hora obrigaron a activar a alerta amarela na provincia de Pontevedra dende as 9:00 horas do día 31 de decembro.
Pontevedra despedirá así o ano con mal tempo e un fenómeno adverso que se manterá, segundo a Axencia Estatal de Meteorología (AEMET), ata as 21:00 horas.
A alerta será de nivel laranxa na costa para Rías Baixas con mar de fondo e olas de ata catro metros de altura, un risco que baixará a nivel amarelo durante o día 1 de xaneiro.
A predición meteorolóxica mellora co ano novo coa chegada dun anticiclón que prolongará a súa influencia durante algunhas xornadas.