A planta de Gonvauto no Porto de Marín convértese en referente para o grupo Gonvarri
Por Redacción
A planta que a empresa de automoción Gonvauto Galicia ten no Porto de Marín converteuse nun referente de xestión para o grupo empresarial Gonvarri Steel Services.
Durante dous anos consecutivos esta planta obtivo o primeiro posto sobre 18 centros do grupo e é actualmente o centro modelo para a compañía, segundo explicou Nigel Wing, subdirector do Sistema de Excelencia.
Por este motivo celebrouse neste porto unha xornada de benchmarking para cincuenta persoas na sede da Autoridade Portuaria.
O benchmarketing, consiste en realizar unha análise exhaustiva que explique que é o que funciona dos negocios que supoñen a nosa competencia co obxectivo de reforzar o noso proxecto.
A planta situada no Porto de Marín centra a súa actividade na fabricación de bobinas de chapa que serven de materia prima para diferentes procesos de estampación, soldadura láser ou perfilado dos seus clientes.
Cunha capacidade produtiva de 170.000 toneladas ao ano, pode procesar as calidades de aceiro máis utilizadas na automoción, incluíndo materiais de alto límite elástico.