Rescatan un home en cadeira de rodas que caera ao Río Gafos
Por Redacción
Un home de 48 anos de idade anos foi rescatado polos servizos de urxencia despois de que caese ao río Gafos, ao seu paso polo centro da cidade.
Por causas que se descoñecen, a vítima, unha persoa con discapacidade e que ía en cadeira de rodas, precipitouse ao río nas inmediaciones do centro de menores Avelino Montero. Debido ás fortes choivas, o Gafos contaba cun gran caudal, polo que o home, veciño de Marín, viuse arrastrado uns 500 metros. Atravesou incluso o treito do río que está tapado en Campolongo. Foi un particular quen, sobre as 18:00 horas, alertou ao 112 ao descubrir ao home no medio do río á altura de General Rubín.
Alertados polo suceso, a Policía Local e a Policía Nacional lograron manter a salvo ao home no auga ata que unha dotación dos Bombeiros de Pontevedra procedeu a sacalo. Non foi unha operación fácil, xa que o río Gafos levaba demasiada auga.
Segundo indicaron desde o 112, o home foi trasladado polos servizos de Urxencias Médicas do 061 ao Complexo Hospitalario de Pontevedra para que recibise atención médica xa que presentaba síntomas de hipotermia e diversas contusiones causadas pola caída e polo seu paso polo treito subterráneo do río.