Os pontevedreses gastan unha media de 3.350 euros na Primeira Comuñón do seu fillo
Por Redacción
Os pontevedreses que deciden que o seu fillo realice a Primeira Comuñón gastan unha media de 3.350 euros, cunha suba de 300 euros en caso de que se trate dunha nena debido a que o seu traxe incrementa o gasto. É a conclusión que a Federación Provincial de Comercio extrae da enquisa realizada entre o 1 e o 15 de maio, a través dun estudo realizado de campo en 35 concellos da provincia de Pontevedra, destacando Vigo, Pontevedra e Vilagarcía.
Os principais gastos centraríanse nas comidas en restaurante que para 75 persoas, entre nenos e adultos, ascendería a máis de 2.100 euros de media.
Resultados Gastos Neno
- Traxes 1ª comuñón dun neno: 180,00 euros de media
- 100 Recordatorios: 75,00 euros de media
- 50 Convites: 50,00 euros de media
- Comida en restaurante con 35 adultos por 40 euros persoa de media: 1.400,00 euros de media
- Comida de 40 nenos por 18 euros neno media: 720,00 euros de media
- Reportaxe fotográfico: 75,00 euros de media
- Se hai video: 150,00 euros de media
- Festa con 40 nenos por 15 euros neno de media: 600,00 euros de media
- Monitores, que é obrigatorio: 100,00 euros de media
TOTAL: 3.350,00 euros de media
Na enquisa, segundo a Federación de Comercio, dedúcese que hai familias que os seus fillos fan a Primeira Comuñón e celebran un aperitivo a mediodía cun gasto medio de 35 euros por persoa e os nenos cun gasto medio de 15 euros cada un. Habitualmente, segundo estes mesmos datos, tras este aperitivo celébrase unha comida tanto nun restaurante coma na casa dos pais ou dos avós.
Nesta enquisa non se inclúe o gasto de roupa tanto do pai, nai ou irmáns xa que, segundo a federación, uns compran roupa e outros xa empregan a que teñen.
O equipo encargado da enquisa afirma que, á hora de realizar este estudo, non logrou obter a cifra concreta do número de nenos que fan a Primeira Comuñón na provincia.