Os traballadores de Correos protagonizan unha "protesta lóstrego" na Axencia Tributaria de Pontevedra
Por Oskar Viéitez
Un grupo de traballadores e delegados sindicais de Correos acudiron este martes á sede da Axencia Tributaria en Campolongo, entraron, sacaron a foto e saíron en apenas uns minutos.
A imaxe protagonizada por representantes dos sindicatos Comisións Obreiras, UGT, SL Y CSI-F, ten unha "forte carga simbólica", segundo os convocantes desta protesta xa que apuntan que "é o responsable do Ministerio de Facenda, Cristóbal Montoro, quen ten a capacidade necesaria e suficiente para desbloquear o estancamento no que se encontran as negociacións", dentro do conflito laboral aberto no servizo de Correos.
Para o sindicato Comisións Obreiras, maioritario neste servizo postal, a "indiferenza política" cara a Correos prolongouse "demasiado tempo" e apuntou que "a única responsabilidade dos incumprimentos reiterados das obrigas do servizo postal público prestado aos cidadáns e da campaña electoral, así como da precarización do emprego, recae nos mesmos que durante anos estiveron a desmantelar a empresa a base de recortes e falta de investimentos, isto é, en Goberno, SEPI e Correos".
Dende CCOO afírmase que o conflito non finalizará ata conseguir o desbloqueo das negociacións; a quinta xornada de mobilización terá lugar o próximo venres 22 de maio, coa terceira folga xeral en menos de dúas semanas.
Relacionadas:
-
Correos sopesa utilizar para oficinas privadas a primeira planta da súa sede da Oliva
Por Oskar Viéitez |
-
Sombreiros vermellos e camisetas amarelas para reclamar que se cumpran as demandas laborais en Correos
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
A folga de Correos en Pontevedra pon en risco a campaña electoral, segundo CCOO
Por Oskar Viéitez |
-
Comisións Obreiras cifra nun 70% o seguimento da folga xeral en Correos na provincia
Por Redacción |
-
60% de participación na folga convocada en Correos
Por Cristina Saiz |