A proposta de explotación conxunta de Campolongo e A Parda segue adiante a pesar do voto en contra do PP
Por Diego Espiño
A Xunta Rectora do Instituto Municipal de Deportes (IMD), a pesar do voto en contra do Partido Popular, acordou asumir como propio o estudo de viabilidade presentado pola empresa Serviocio, actual concesionaria da Piscina de Campolongo, para explotar conjuntamente esta instalación e o Centro Lúdico da Parda, investindo en total 4.228.000 euros máis IVE na mellora do primeiro e en concluír a construción do segundo, paralizado dende 2009.
O Concello inicia así o trámite para sacar a concurso a explotación conxunta sometendo a información pública o proxecto, que nun inicio suscita un investimento de mellora en Campolongo de 2.443.000 euros para renovar a cuberta, mellorar os sistemas de climatización ou as medidas de accesibilidade e evacuación; e doutra banda 1.845.000 euros para finalizar A Parda cun ximnasio, piscina, vestiarios e catro pistas de pádel.
O proxecto de Serviocio recolle unha concesión de 40 anos sen pagar un canon anual, extremo criticado polo PP, que ademais se opón a que se derruben as estruturas xa construídas. O concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, desmentiu que estas condicións sexan xa definitivas, remitindo a decisión ao pliego de condicións do concurso aínda por elaborar, "se trata de una propuesta básica susceptible a mejoras en el concurso y que además no tiene coste para el Concello. El canon, el plazo de concesión o si se derriban las estructuras pasará por el pliego de condiciones y dependerá de los proyectos que presenten las concesionarias".
Fernández fixa o prazo de execución das obras en 12 meses, "si somos ágiles y resolvemos antes del verano las obras en la piscina empezarían en verano, cuando hay menos usuarios, y después en A Parda", á vez que tranquiliza aos traballadores actuais de Campolongo, asegurando que o pliego incluirá como requisito imprescindible a subrogación dos contratos dos 50 empregados actuais.
Relacionadas:
-
O complexo deportivo da Parda será demolido para construír tres piscinas ao aire libre e catro pistas de pádel
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
"Ampliar el Centro Deportivo de Campolongo puede acabar con el sector de gimnasios privados"
Por Diego Espiño |
-
O PP considera "irrenunciable" cobrar un canon mínimo pola explotación do Centro Lúdico de A Parda
Por Alejandro Espiño |