120 piratas á procura do tesouro na Pedreira
Por Redacción
O tesouro estaba escondido e o reto era atopalo, pero, en realidade, era tan só unha escusa. O verdadeiro motivo polo que 120 nenos de Pontevedra acudiron este mércores á praza da Pedreira era pasalo ben como colofón a meses de actividades nos obradoiros de expresión dramática, plástica e musical que cada ano organizan o Concello e Migallas Teatro.
Os nenos xuntáronse como remate de 22 sesións para ir 'Á procura do tesouro' por toda a praza e finalmente atopárono en forma de 'chuches', gusanitos e libros. Un exemplar para cada un, todos en galego e un agasallo que entusiasmou aos pequenos.
As dúas horas anteriores tamén estiveron cheas de entusiasmo e de mostras de ledicia que converteron a praza nun entorno no que case era imposible escoitar máis alá dos berros e alegrías dos participantes. Os piratas foron rotando por unha serie de xogos tradicionais e populares nos que quedou evidenciado que a diversión non require de grandes máquinas ou aparellos para facer acto de presenza, só de facer facer uso da imaxinación.
Que atoparon estes piratas, todos vestidos con camisetas de cor azul, mentres buscaban o tesouro? Nestas imaxes está a resposta:
Relacionadas:
-
Apareceu o tesouro de Escarapote na praza da Pedreira?
Por Mónica Patxot |
-
Os rapaces máis teatreiros representan 'A primavera da aldea' no Principal
Por Redacción |
-
Os nenos achéganse aos albores da historia
Por Redacción |
-
"A procura do tesouro" de Migallas agota as súas prazas na primeira hora de inscricións
Por Redacción |