O alcalde de Meis toma posesión como deputado provincial
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Meis, José Luis Pérez, tomou posesión este venres do seu cargo como novo deputado provincial no Pleno da Deputación.
"Creo que para calquera, pero sobretodo para min, que veño dun concello pequeno asumir o cargo de deputado é un honor, poder representar a toda unha comarca. As sensacións non poden ser mellores", afirmou José Luis Pérez, "teño claro que non só son deputado do meu concello senón de toda a comarca do Salnés".
Chega ao seu cargo nun momento difícil "xa me gustaría ter chegado nunha etapa onde os recursos foran moito maiores. Agora tocanos xestionar do mellor modo posible".
José Luis Pérez ten 59 anos, é natural de Marcón (Pontevedra), ainda que viveu dende moi novo na parroquia de San Lourenzo de Nogueira, en Meis, é delineante, está casado e tén dous fillos.
Antes de ser alcalde, foi tenente de alcalde dende 1995 a 1999 co anterior rexidor, Jorge Casal, e dende esa última data está ao frente do Concello de Meis, sempre con mayoría absoluta.
Nas últimas municipales, de 2011, acadou o 63,11% dos votos para o PP que logrou así 9 concelleiros por 3 o PSOE e 1 o BNG. Nas últimas autonómicas esa porcentaxe foi do 54%.
O seu acceso ao cargo de deputado provincial ven ocasionado polo pasamento do rexidor de Meaño e deputado provincial, Jorge Domínguez.
José Luis Pérez figuraba como suplente da lista consensuada polos alcaldes e concelleiros do Salnés, xunto ao portavoz do PP na Illa, Juan José González, posteriormente nomeado xerente do Consorcio Provincial de Bombeiros.