Príncipe Felipe acolle o sábado o concerto "Kilo Solidario"
Por Oskar Viéitez
Príncipe Felipe acolle o sábado a partir das 20:00 horas o concerto "Kilo Solidario" que busca recompilar productos alimenticios para as persoas que viven momentos de dificultades.
Os asistentes deberán entregar un quilo de alimentos (arroz, pasta, fariña, lentellas) en concepto de entrada
O evento foi presentado no Pazo Provincial pola Banda Os Coribantes de Buchabade.
O recollido será destinado a diversas entidades de carácter social (especialmente ó comedor de San Francisco de Pontevedra).
Esta iniciativa conta coa colaboración do Concello de Ponte Caldelas, supermercados Moldes, e a propia Deputación.
Participarán no concerto de forma totalmente altruísta o cantautor Raúl Cabaleiro; varios membros do grupo A Roda, a Banda de Gaitas Os Coribantes de Ponte Caldelas coa colaboración do grupo de baile Amor Ruibal de Barro e outros músicos.
A deputada provincial Ana Vázquez animou a toda a cidadanía a asistir "para arropar a aqueles cidadáns que máis o necesitan" e animou a toda a xente "de toda a provincia " a que acodan o auditorio da Cidade Infantil Príncipe Felipe con capacidade para 800 persoas "porque ademáis o espectáculo e digno de admirar".