Detido por tirar un vaso á cara a un mozo que perdeu visión dun ollo
Por Natalia Puga
A Policía Nacional de Pontevedra detivo un mozo de orixe ecuatoriana que na madrugada do día de Nadal supostamente botou un vaso á cara a outro individuo, causándolle un corte e provocándoo a perda de visión do ollo esquerdo.
Segundo confirmaron fontes policiais, o incidente produciuse sobre as 6,20 horas da madrugada do 25 de decembro no exterior da discoteca Tropicana da rúa Benito Corbal. Supostamente, o detido, D.W., de 20 anos, botou un vaso á súa presunta vítima.
A continuación, foi trasladado a Montecelo, onde foi atendido dunha ferida dun corte de dez centímetros na cara. Ademais, a causa da ferida, perdeu a visión do ollo esquerdo.
O suposto agredido presentou denuncia na Comisaría achegando datos do seu presunto agresor e este foi localizado pola Policía Nacional ás 11.30 horas deste mércores 26 de decembro nas inmediacións da Praza de Barcelos e detido por un delito de lesións.
Segundo relatou a presunta vítima, o problema co seu agresor comezou no interior do local, de modo que el, que estaba acompañado da súa nai, non quería saír da discoteca á rúa. Os responsables do local obrigáronlle a pesar de que supostamente a nai advertiu de que o poderían estar a esperar no exterior para pegarlle.
A visión do detido discrepa. Sinala que en realidade foi o agredido o que comezou o enfrontamento no interior do local. Discrepancias á parte, as testemuñas coinciden en que o detido si lanzou o vaso que finalmente rematou na cara da vítima.