Os nenos aprenden como é o traballo dun bombeiro
Por Redacción
Os nenos da Escola Infantil da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra participan dunha iniciativa para que coñezan diferentes profesións. Este martes, foi a quenda dos bombeiros, logo de coñecer outras profesións coma profesor de ximnasia, médico, policía, avogado ou funcionario.
Os cativos de terceiro de Infantil desta escola puideron coñecer a labor dos bombeiros de Pontevedra que acudiron a cita con dous vehículos e diverso material antiincendios.
Os máis pequenos familiarizáronse así co uniforme de bombeiro, a roupa especial contra o lume, as mangueiras e os cascos destes profesionais. Posteriormente subíronse aos vehículos e finalizaron a actividade gozando dun baño de espuma.
A semana pasada, os rapaces irán ata as instalacións da Comisaría da Policía Autonómica situada na propia Delegación Territorial para coñecer os vehículos cos que traballan os axentes, así como o material que soen utilizar.
A próxima semana achegaranse ata a Residencia da Terceira Idade de Campolongo para coñecer a labor que desenvolven os traballadores deste centro e tamén para manter un encontro cos maiores.