O PP considera "irrenunciable" cobrar un canon mínimo pola explotación do Centro Lúdico de A Parda
Por Alejandro Espiño
"Que el Concello de Pontevedra no tiene mucho dinero para afrontar inversiones es obvio, pero que eso implique que haya que renunciar a obtener compensaciones por la explotaciones de equipamientos denota que la falta de dinero, y por supuesto de ideas, está alcanzando cotas de desesperación". ÿ a explicación da postura que manterá o PP con respecto ao Centro Lúdico de A Parda.
Jacobo Moreira e César Abal anunciaron que o PP condicionará o seu apoio ao proceso de concesións dos centros deportivos de Campolongo e A Parda a varias premisas, pero sobre todo a que se estableza como obrigatorio o pago dun canon anual ao Concello por parte da compañía beneficiaria. "Exigimos un canon mínimo y que se prime la oferta que ofrezca un canon superior", explicaron os populares.
A oferta en cuestión compromete un investimento de 4,8 millóns de euros a cambio dun período de explotación de 40 anos sen canon de ningún tipo, e o PP cre que este abono ten que ter carácter irrenunciable para o goberno municipal. "Lo contrario sería casi que un regalo injustificable, sobre todo en la actual coyuntura económica y conociendo los márgenes con los que se trabaja en otras localidades", aseguran.
Os dous concelleiros exporán no Instituto Municipal de Deportes que consideran un bo punto de partida a iniciativa privada que propón conxuntamente reformar as instalacións das piscinas municipais de Campolongo e relanzar o proxecto da Parda, pero obviamente "baixo outras condicións económicas e cunha actuación moito máis ambiciosa".
César Abal criticou que se propoña substituír o que ía ser un espazo de lecer para toda a familia, "moderno e integrado en el entorno y con distintos equipamientos deportivos", por dúas piscinas ao aire libre e unhas pistas de pádel.
A maiores, os concelleiros do Partido Popular amosáronse preocupados pola "persistencia del Concello" en renunciar ao aproveitamento da estrutura xa construída en A Parda. Piden que, despois de gastar 700.000 euros nelas, se aproveiten, "porque no están los tiempos para otra cosa", e a que non se renuncie "sin más al aplaudido diseño" elixido por todas as administracións no ano 2004.
Ademais, lembraron que o estancamento da obra no tempo "tuvo mucho que ver con la negativa del Concello a establecer un diálogo con la Xunta, sobre todo después de que la administración municipal incumpliera su parte del contrato de hacer una aportación de 650.000 euros", uns cartos que, segundo Moreira, aínda lle adebeda o Concello á Xunta de Galicia por Pasarón.
Relacionadas:
-
O PP urxe ao Concello a que "mañana mismo" licite a reforma das piscinas de Campolongo
Por Natalia Puga |
-
O contrato das piscinas de Campolongo será prorrogado para evitar o peche
Por Oskar Viéitez |
-
"Ampliar el Centro Deportivo de Campolongo puede acabar con el sector de gimnasios privados"
Por Diego Espiño |
-
A proposta de explotación conxunta de Campolongo e A Parda segue adiante a pesar do voto en contra do PP
Por Diego Espiño |