A Policía Nacional desmantela, grazas á colaboración cidadá, unha plantación de marihuana
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional, grazas á colaboración cidadá, desmantelaron en Pontevedra unha plantación de marihuana habilitadas nun terreo situado nun terreo rural da Bouza.
A intervención produciuse grazas á información achegada por un cidadán na Comisaría de Pontevedra.
Os axentes, tras realizar as primeiras comprobacións, constataron que efectivamente nun terreo deshabitado e dentro dun pequeno galpón había 24 plantas de marihuana duns 50 centímetros de altura, un total de 950 gramos.
Os axentes procederon á incautación das plantas e ao seu traslado a dependencias policiais.