Prácticas laborais para integrar persoas con discapacidade psíquica
Por Diego Espiño
Son dous meses de prácticas laborais non remuneradas en seis empresas con sede na provincia de Pontevedra, pero trátase do primeiro paso cara a inserción laboral de persoas con discapidade psíquica. Algunhas delas, segundo Carina Fernández, coordinadora do Servizo de Inserción Laboral de Feafes Galicia, logran acceder a un contrato logo deste periodo de formación, "a pesar da súa discapacidade poden ser moi útiles á sociedade. Esta iniciativa premítelles coller experiencia, perder o medo ao traballo e relacionarse. O ano pasado dos 15 usuarios conseguiron un contrato catro deles".
Trátase dun proxecto impulsado pola Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental, Feafes, financiado pola Deputación e na que colaboran empresas como Supermercados Moldes, que asinou un convenio para acoller a catro dos usuarios da Federación como reponedores nos seus establecementos, "empiezan reponiendo productos pero pueden llegar a hacer otras tareas en tienda según sus capacidades", asegura Montserrat Abreu, representante da empresa pontevedresa.
Feafes Galicia atende na Comunidade a preto de 2.000 persoas con discapacidade demandantes de emprego. En 2011, 120 persoas conseguiron deste xeito acceder ao mercado laboral grazas á firma de 160 contratos.