Os preparativos do Día de Colón avanzan coa construción de decorados, clases de baile e o sorteo de dous carneiros
Por Redacción
A festa medieval "O Día de Colón" celebrarase os días 19 e 20 de xuño, un evento organizado pola Asociación Cultural Xuvenil e Deportiva, Combrus, Vides Novas e a Asociación de Empresarios e Comerciantes de Poio.
Dende a organización confirmaron que as clases de baile medieval darán comezo este próximo martes 28 de abril no salón da comunidade de montes Rega dos Agros de Combarro, sendo ás 20 horas o ensaio do grupo infantil e ás 21 horas os adultos.
As clases son libres e completamente gratuítas. Ademais os organizadores do Día de Colón traballan na decoración de Combarro para eses días.
Así mesmo anunciaron o inicio dun sorteo de dous carneiros nas que o participante pode adquirir un número polo prezo de 1,5 euros.